Reflexión sobre o meu PLE
Reflexión sobre o meu PLE A contorna persoal de aprendizaxe (PLE): concepto, o meu PLE inicial e reflexións Imaxe de pixabay.com A contorna persoal de aprendizaxe ou PLE polas súas siglas en inglés ( Personal Learning Environment ) fai referencia a aquelas fontes de información, recursos ou actividades que conforman a aprendizaxe persoal. Nesta entrada faremos unha reflexión sobre este concepto e o meu PLE inicial, ademais de coñecer unha ferramenta que nos axuda na xestión do noso PLE: Feedly Que é o PLE? Se consultamos a Wikipedia para saber a que nos referimos cando falamos do PLE , atopámonos ca seguinte definición: "... conjunto de elementos ( recursos , actividades , fuentes de información ) utilizados para la gestión del aprendizaje personal ". Así, ao mesmo tempo, a Wikipedia converteríase en parte do noso PLE , pois conformou a nosa fonte de información para coñecer máis sobre este concepto. As contornas personais de aprendizaxe xorde...