A miña presentación: Marta Romero Benlloch
Ola! Eu son Marta, nacín en Muxía e foi o meu lugar de residencia durante toda a miña infancia e adolescencia. Se non tivéstedes a oportunidade de coñecer esta fermosa vila, anímovos a facer unha escapada para poder disfrutar das súas paisaxes e da súa boa xente. Para que teñades unha referencia física miña, déixovos o meu avatar, que me representa bastante 😃 Vouvos contar un pouco a miña traxectoria: tras rematar o instituto, mudeime á Coruña e cursei Educación Social. Pouco despois, trasladeime a Barcelona para seguir formándome no Máster de Psicopedagoxía polo itinerario sociolaboral. Alí foi onde me comecei a apaixoar pola educación emocional como ferramenta para acompañar ás persoas nas diferentes etapas da vida. Unha delas, o momento de afrontar unha pérdida de emprego e o proceso de comezar a búsqueda dun posto de traballo acorde ao perfil da persoa. Os momentos de cambio nos producen diferentes emocións que debemos coñecer e aprender a utilizalas como aliadas. Despois volv