Sobre min...

 


    O meu nome é Vanessa e son de Lalín. Estudei Psicoloxía en Santiago de Compostela. A raíz dun curso de Monitor de Tempo Libre, comecei a miña andadura no ámbito da educación non formal no que aprendín de moitas experiencias con todo tipo de colectivos (nenos e nenas, xuventude, migrantes, 3º idade..)

   Unha gran parte da miña experiencia laboral fórmana a xestión integral de servizos de conciliación nos que intentei sempre achegar aos grupos cos que traballaba outras realidades e fomentar neles o espírito crítico. Por exemplo, no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda, as persoas usuarias tiveron coñecemento de programas tales como “Vacacións en paz 2019 do Pobo Saharaui”; fixemos e recibimos visitas do centro COGAMI que hai na contorna, promovemos entre os e as cativas a introdución da reciclaxe na nosa rutina diaria, colaboramos coa “Romería do Rapaz” organizando un desfile con traxes elaborados con material de refugallo feitos polas crianzas…

    Ademais da implementación das propias actividades, creo que outro dos meus puntos fortes é o trato coas familias e a comunidade educativa, a xestión documental e a coordinación e planificación. Trato de promover o traballo en rede, tanto dentro da propia equipa de traballo como con outros organismos da contorna.

   No meu último traballo como dinamizadora comunitaria do Concello de Silleda adicábame a organización e planificación da programación cultural da localidade, e o deseño e xestión de proxectos, subvencións e iniciativas culturais do ámbito público e asociativo.

    Cando teño tempo libre, gústame moito prácticar deporte. Xogo en Herdeirxs de Dhais, un equipo de Fútbol Gaélico, un deporte minoritario aquí en Galicia, pero para que vos fagades unha idea de como se xoga, por se nunca oistes falar del, aquí vos deixo un vídeo.



    
    Outra das miñas pasións é a lectura, así que vos vou a recomendar unha lectura sobre unha triloxía que me conquistou (ainda que seguimos esperando pola última entrega, o final) chamada "Crónica dun asasino de reis" .





Comentarios

Entradas populares de este blog

Reflexiones sobre mi PLE

Reflexión sobre o meu PLE

Los Programas Integrados de Empleo de Galicia