O meu entorno persoal de aprendizaxe

 


O entorno pesoal de aprendizaxe (personal learning environment, PLE) é un conxunto de elementos (recursos, actividades, fontes de información...) que nos axudan ao noso aprendizaxe persoal.

Na sociedade actual, este concepto cada vez cobra mais importancia... empezando xa polas novas xeracións (por exemplo a chamada xeración Z) que directamente se desinteresa pola formación regrada e son proactivos e autónomos a hora de buscar a información  e os recursos en internet de maneira autodidacta. E todas as demais xeracións, ainda que de maneira mais lenta, sumámonos a esa tendencia pouco a pouco. 

No curso de postgrado de Orientación Laboral, ofréceusenos a oportunidade de reflexionar sobre este concepto, facelo noso e valorar cal é o noso propio PLE... O meu, está resumido no seguinte gráfico:

O meu entorno persoal


A verdade é que eu, dende xa fai bastantes anos sen saber que existia un concepto que denominaba esta maneira de entender a aprendizaxe, utilizo moitas das ferramentas e recursos que topo na rede para profundizar en temáticas ou campos do meu interese. A rede ten moito potencial para que as persoas poidan alcanzar coñecementos de maneira sinxela e rápida. 

Mais unha desvantaxe de todo este potencial é a sua enormidade. Coa cantidade inxente de información que pode haber sobre un determinado tema, o complexo é a clasificación da información ou estar ao día das novidades que pode haber nunha determida área. 
Pero tamén para iso hai solucións: Determiados programas, como por exemplo feedly. pódennos axudar a clasificar e a filtrar a información. A través de etiquetas, con esto programa podemos seguir as novidades de blogs o outras páxinas do noso interese, ademais temos tableiros onde poder gardar e clasificar noticias e novidades. É gratuito ainda que está en inglés, ainda que o seu manexo é bastante intuitivo.




Feedly non é o único co que podemos facer isto, hai outros programas como Soot.it , Diigo ou Pocket. Proba e escolle o teu!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Reflexiones sobre mi PLE

Esta soy yo... y este es mi blog... ¡¡BIENVENIDOS/AS!!

Esta soy yo... Iratxe