A miña presentación: Marta Romero Benlloch

Ola! Eu son Marta, nacín en Muxía e foi o meu lugar de residencia durante toda a miña infancia e adolescencia. Se non tivéstedes a oportunidade de coñecer esta fermosa vila, anímovos a facer unha escapada para poder disfrutar das súas paisaxes e da súa boa xente.

Para que teñades unha referencia física miña, déixovos o meu avatar, que me representa bastante 😃


Vouvos contar un pouco a miña traxectoria: tras rematar o instituto, mudeime á Coruña e cursei Educación Social. Pouco despois, trasladeime a Barcelona para seguir formándome no Máster de Psicopedagoxía polo itinerario sociolaboral. Alí foi onde me comecei a apaixoar pola educación emocional como ferramenta para acompañar ás persoas nas diferentes etapas da vida. Unha delas, o momento de afrontar unha pérdida de emprego e o proceso de comezar a búsqueda dun posto de traballo acorde ao perfil da persoa. Os momentos de cambio nos producen diferentes emocións que debemos coñecer e aprender a utilizalas como aliadas.

Despois volvín á Coruña, porque xa se sabe que mellor que en Galicia, en ningures😁. Teño que confesar que son unha adicta a adquirir novos coñecementos, o que me leva a facer tolerías tales coma comezar o grao de Psicoloxía na UNED compaxinándoa co meu traballo de técnica de proxectos sociais... e ademais apuntarme ao Posgrao de Especialización en Orientación Laboral no CIXUG. Creo que se che apaixoa o que estás a aprender non se fai tan costa arriba.

Tamén intento ter vida social e deixar espazo para disfrutar dun bo concerto, un bo libro, unha boa charla filosófica... e sempre dunha boa compañía. A veces non hai tempo para todo pero é cuestión de organizarse! Por certo, encántanme os animais.

E falando de libros, aquí vos deixo unha recomendación: Bonus Track de Rosalía Fernández Rial, que ademais de ser unha boa amiga é unha gran escritora. Se vos gustan os relatos curtos nos que non te esperas o final, ese é o voso libro, porque a vida sempe da xiros inesperados...

http://www.rosaliafernandezrial.com/es/bonus-track

E falando de música, gústame moito o Rock&Roll, así que vos deixo unha proba... 


Ata a próxima!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Reflexiones sobre mi PLE

Reflexión sobre o meu PLE

Los Programas Integrados de Empleo de Galicia